viernes, 11 de marzo de 2016

Os All Blacks

                Os All Blacks

Como xa vos dixen na primeira entrada que fixen vouvos falar do rugby e o fútbol americano. Nesta vouvos falar un pouco sobre os All Blacks que son a selección de rugby de Nova Zelandia. Os xogadores deste equipo fan danza tradicional que me fascina moitísimo chamada “haka”.

Este equipo de rugby fundouse no ano 1893, o seu capitán actual chámase Richie McCaw, o seu adestrador actualmente chámase Steve Hansen.





En Nova Zelandia, ninguén era consciente que un grupo de xogadores de rugby foran a Inglaterra a demostrar as súas habilidades. A medida que os mellores clubes ingleses ían sendo derrotados por resultados escandalosos e as noticias do que sucedía ían filtrándose pouco a pouco nos xornais, un sentimento de unión nacional ao redor daquel equipo foi forxándose, chegando a converter a aqueles Originals en auténticos heroes ao seu regreso.
Ademais, o único partido perdido por Nova Zelandia, ante Gales, iniciou unha das máis grandes rivalidades no rugby, posto que só 5 seleccións nacionais foron capaces de derrotar aos All Blacks nun estadio de rugby: Inglaterra, Francia, Suráfrica, Australia e a citada Gales.
En 1987, celebrouse a primeira Copa do Mundo de Rugby, en Nova Zelandia e Australia. Os All Blacks os claros favoritos e adxudicáronse sen demasiada oposición a Copa do Mundo derrotando a Francia na final.

O seu equipamento é:

A súa camisa actual dos All Blacks é totalmente negra ten logo de Adidas e o fieito prateado da NZRU na fronte. Na xira por Australia de Nova Zelandia (a primeira xira fora das illas) o xersei que utilizaban era moi distinto ao actual, nesa época o equipo levaba unha camisola azul escuro cun fieito dourado á esquerda. En 1893 a Federación de Rugby de Nova Zelandia estipulou na súa reunión anual que o uniforme sería negra co fieito prateado e pantalóns brancos.
O xersei dos neozelandeses é aínda hoxe en día considerado o xersei de rugby máis recoñecíbel. Recentemente volveuse tradicional o levar unha mapoula bordada na manga nos seus partidos contra a selección francesa durante as xiras de fin de ano, para honrar aos soldados mortos que morreron nos campos de batalla en Europa. En declaración do capitán Richie McCaw.


No hay comentarios:

Publicar un comentario