viernes, 4 de marzo de 2016

Benvidos Ao Meu Blog

  
             BENVIDOS AO MEU BLOG

Ola amiguiños chámome Daiguin, qué tal?

Neste blog vouvos contar todo sobre o rugby e o fútbol americano. Elixín este tema porque gústame moito este tipo de deportes pola súa agresividade, tamén pola súa capacidade de poder sobrevivir a cando todos os xogadores ponse enriba do xogador que ten a pelota. Con o meu blog pretendo facer que as persoas que vexan o meu blog podan comprender que uns deportes por moi perigosos que sexan teñen moitas cousas educativas. Como os All Blacks e os xogadores de rugby das illas Tonga.

En cada unha das entradas que vou facer, explicareivos un pouco as cousas tradicionais que fan moitos equipos dos equipos de rugby, e tamén os títulos e copas. Pero non me vou esquecer do fútbol americano.

No rugby os seus xogadores non teñen proteccións nin ningún casco. En cambio no fútbol americano levan moitas proteccións e por iso abultan tanto, eles levan un casco para protexerse dos golpes que levan e os empurróns que levan para quitarlle o balón a os equipos adversarios e poder levar o balón ao campo dos contrarios.

Como os xogadores do rugby non levan proteccións ningunha cando os xogadores chocan e loitan contra os adversarios polo o balón o normal é que cando levan algúns moi fortes, rómpense algún óso do corpo ou ben empézalles a sangrar moito. Por iso hai xogadores que levan proteccións na cabeza por se a abren, pero tamén hai xogadores que as teñen porque xa se a abriron a cabeza e non queren volvela a abrir.
Pero hai xogadores do fútbol que a teñen porque se fixeron unha ferida moi grande na cabeza e non queren que volva a pasar.

Porén no fútbol americano xogadores levan moitas proteccións, e así os golpes que levan non lles fai tanto dano coma os xogadores do rugby.



No hay comentarios:

Publicar un comentario