viernes, 27 de mayo de 2016

Oakland Raiders

        Oakland Raiders



Hoxe vouvos falar sobre o Oakland Raiders que é un equipo profesional estadounidense de fútbol americano da cidade de Oakland, California. Forman parte da AFC Oeste da National Football League (NFL). Xogan no O.co Coliseum con sede na cidade de Oakland, California.




Hoxe en día, os Raiders son coñecidos polo seu gran extenso número de fans e cultura distintiva do equipo. Desde 1960, o equipo gañou quince títulos de división (tres da AFL e doce de NFL), tres Super Bowls, catro títulos da AFC (1976, 1980, 1983 e 2002) e un campionato da AFL.
                                                  
                                                                     HISTORIA

Despois da temporada do 1980, Al Davis non tivo éxito nas melloras introducidas no Oakland Coliseum, especificamente na incorporación de novos palcos de luxo. Ese mesmo ano, asinou un protocolo de acordo para trasladar aos Raiders de Oakland a Los Ángeles. A medida, que requiría a aprobación das tres cuartas partes dos propietarios da liga, foi refugada 22-0. Aínda coa negativa da liga, Davis tratou de trasladar ao equipo, que estaba bloqueado por unha orde xudicial. En resposta, os Raiders non só se converteron nun socio activo nunha demanda antimonopolio presentada polos Angeles Memorial Coliseum (que perdera recentemente aos Angeles Rams), se non que tamén presentaron unha demanda dos seus. Despois de que o primeiro caso declarouse nulo no xuízo de maio de 1982, un segundo xurado fallou a favor de Davis e Os Angeles Coliseum, despexando o camiño para a mudanza. Coa sentenza, os Raiders finalmente trasladáronse a Los Ángeles para a temporada de 1982, xogando os seus partidos como locais nos Angeles Coliseum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario